1. Acción formativa


1. Acción formativa
– Estrutura: dúas sesións formativas presenciais de 10 horas en total que se van
a celebrar en Santiago de Compostela.
– Finalidade: Formar en aspectos que axuden a integrar de xeito estratéxico os
criterios de sustentabilidade na xestión da empresa, identificando novos riscos
e oportunidades así como os aspectos que cómpre mellorar na súa
comunicación, de cara a súa presentación en roldas de financiamento.
– Módulos formativos: están previstos tres módulos formativos.
M1: Integración estratéxica de criterios de sustentabilidade e
responsabilidade social na xestión de empresas e proxectos.
M2: Comunicación do desempeño.
Iniciativas e estándares para o reporte.
M3: Habilidades de comunicación e presentacións
eficaces ante investidores.
– Profesorado: Acción formativa impartida por profesionais da sustentabilidade
e a comunicación, con experiencias concretas e prácticas en diferentes
sectores da actividade empresarial.
– Datas e Lugar: durante o mes de outubro de 2015 no Centro de Novas
Tecnoloxías de Galicia (CNT) en Santiago de Compostela. Datas por concretar.