PROXECTO

Traballando no coñecemento


grafico

Que é…
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Traballo e
Economía Social, dentro das accións en materia de responsabilidade social
empresarial (RSE) que vén desenvolvendo, e o Igape están a promover accións de
información, formación e acompañamento para axudar a que as empresas
afonden nos aspectos ambientais, sociais e de goberno (ASG) dentro das súas
estratexias e proxectos, e na maneira de comunicalos, de xeito que se acheguen
ás políticas de investidores responsables, o que mellorará a súa competitividade
e as súas oportunidades en roldas de financiamento.
Para quen…
As accións van dirixidas a promotores de proxectos, directores e responsables
de área en micropemes e pemes, en fase de creación, crecemento ou
consolidación e que ademais:
• Estean comprometidas e saiban que poden crear valor para os seus
accionistas, clientes, usuarios, provedores, comunidade etc.
> valor compartido
• Estean interesadas na sustentabilidade e a RSE como factor de competitividade
ou que necesiten reinventarse mediante procesos de innovación social.
• Conten con proxectos de internacionalización interesados en financiarse para
acceder a novos mercados ou poñer en marcha novos proxectos,
especialmente en economías emerxentes.
• Teñan actividade en sectores intensivos en recursos humanos e naturais,
xestión de residuos, enerxía, auga ou territorio, ou con impacto na
comunidade.
… e para que: Obxectivos
Coñecer como facer a integración estratéxica de criterios de
sustentabilidade e responsabilidade corporativa na xestión da túa empresa.
– Saber como comunicar as cuestións ambientais, sociais e de goberno
corporativo (ASG) en especial de cara aos investidores.
– Preparar o proxecto empresarial para que sexa atractivo para os investidores.
– Prepararse para participar na primeira rolda de financiamento no contexto do
investimento responsable que organiza o Igape, que se celebrará en Galicia
durante o presente ano e no que quedan inscritas de xeito automático.

Deja un comentario