12 empresas na primeira Lonxa de financiamento responsable en Galicia

Inauguración da Lonxa a cargo de D. Javier Aguilera, Director Xeral do IGAPEInauguración da Lonxa a cargo de D. Javier Aguilera, Director Xeral do IGAPE

Os retos sobre a educación, a igualdade, o consumo responsable de recursos naturais, auga e enerxía, a participación da comunidade son, entre outros, retos globais que temos que entender e afrontar se estamos comprometidos co desenvolvemento sostible e o progreso compartido.

Doce empresas que fomentan a economía circular, baixa en carbono, a eficiencia enerxética, os produtos responsables, a saúde e o benestar, cambios nos paradigmas educativos e de ocio e a recuperación do patrimonio, mediante a innovación e a tecnoloxía, participaron no
Programa para o apoio ao investimento responsable, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, como parte do compromiso da sociedade e do tecido empresarial disposto a crear valor compartido. Resetea, GreenApresentacións_Kekotukosquaculture, Costiña Orgánica, Irradia, Latitude, Vidahora, RySg, Dismedia, Kekotukos, Vacmatch, Dogoplay y Phottic foron as empresas participantes, seleccionadas por ter entendido e asumido de forma responsable a influencia da súa actividade na comunidade e o planeta e por ter un proxecto con necesidades financeiras a afrontar a corto ou medio prazo.

 

Na primeira parte do Programa, as empresas participantes recibiron sesións de información, formación e asesoramento, co obxectivo de que reflexionaran sobre cómo se aliña a súa estratexia de negocio coa resolución de problemas sociais ou ambientais de tipo global. Traballaron sobre a misión, visión e valores que xurden dende o compromiso e principios persoais do equipo promotor, na identificación de riscos e oportunidades, de grupos de interese, de asuntos relevantes, e de prácticas que, algunhas veces sen sabelo, constitúen boas prácticas en materia de sostibilidade e RSC. Tiveron a oportunidade tamén de recibir pautas para mellorar a comunicación do seu proxecto de investimento.

Así, o Programa rematou o pasado venres coa celebración da 1ª Lonxa no contexto do financiamento responsable en Galicia, que tiña como finalidade poñer en contacto estas doce empresas participantes con investidores e financiadores comprometidos con criterios responsables e de desenvolvemento sostible.

Clausura da 1ª Lonxa de Financiamento responsable en Galicia por parte de Dña. Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego, xunto con D. Rodrigo Aguirre de Cárcer, Director and Fund Manager de Vivergi Social Impact Fund (a súa dereita) e D. Juan Manuel Cividanes, Director Xeral de XesGalicia (a súa esquerda), algúns dos relatores na mesa redonda.

Clausura da 1ª Lonxa de Financiamento responsable en Galicia por parte de Dña. Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego, xunto con D. Rodrigo Aguirre de Cárcer, Director and Fund Manager de Vivergi Social Impact Fund (a súa dereita) e D. Juan Manuel Cividanes, Director Xeral de XesGalicia (a súa esquerda), algúns dos relatores na mesa redonda.

Sen esquecer o carácter divulgativo que, como novidade, podía ter o evento, contouse coa intervención nunha mesa redonda de algunhas das entidades participantes na Lonxa: Spainsif, Ambar Capital como xestora de Vivergi Social Impact FundTriodos Bank, Vigo Activo, Abanca e XesGalicia. Algunhas das claves das que se falou na mesa redonda foron:

  • o interese en xerar novos ecosistemas e redes nas que se promova a creación e desenvolvemento de iniciativas empresariais que resuelven problemas ambientais ou sociais a través de modelos de negocio, e que xeran emprego, desenvolven a comunidade e o tecido empresarial, industrial e social;
  • a necesidade de incorporar nas métricas e análises de proxectos empresariais, cuestións de valoración máis aló da rentabilidade financeira, donde o compromiso e autenticidade do equipo e a coherencia coa mensaxe, a credibilidade, o sector de actividade ou o impacto real na sociedade son algúns dos aspectos a ter en conta; mesa redonda_2

Na Lonxa tamén estiveron representantes de Unirisco Galicia SCR e a Rede Galega de Business Angels.

Por último, o evento do venres facilitou espazos para o networking, coas reunións bilaterais que tiveron lugar na xornada da tarde pero tamén ao longo dos momentos do café e a comida de traballo, que foron gratamente aproveitados.

Dende este proxecto, no que traballamos con ilusión dende o inicio, estaremos ao tanto dos resultados no medio prazo dos contactos que se mantiveron e manterán froito desta Lonxa, mediante o correspondente seguimento.reunións bilaterais

 

 

Comments are closed.